Ti es porta e esquecemento,
Man doutro corpo
Agora aquí preto
No obxecto e no texto.
Es praia no comezo da noite,
Amada froita amarga
Que probo na traxedia
Do derradeiro niño do tempo.
Persígote na emoción da memoria
E quedo lonxe no parolar,
Nun confuso fado que destrúo e sento
Pois es o que non hai.
Máis ala no abrente non me valo,
E no sosego despois da guerra
Mato a propia vida pensando
Coa escuma absoluta do cativeiro.
E é que ti es o algo que me dá,
Máis que un canto de poeta,
Para vivir no gozo do pozo,
Lume de garganta irredento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario