Quen tivera cátedra
Para agasallarte afinidades
De sapiencia atopada concreta
No obxecto cómplice das idades.
Oxalá puidera abranguer
O cabalo salvaxe do teu redor,
Para min rictos de honra
Entre a propia burla rematada.
Pero non, son canalla,
Como nunca quixen ser,
E logo arrepíntome infiel
Do desexo da morte da nada.
A nada que me alimenta
Frega as ambicións,
Pois ti, loira brava, esqueces
Que o noxo tamén ten amor.
Aborrezo a ansia tirante
Que busca e non atopa
Máis que, no tenue vagar
Dunha nana, o caer da tarde.
E é que aínda que coñeza esta tristura
Fuxe de min a razón asolagada,
Só no teu interior perdido
Pola ambición enchida de tortura.
Agora, sobre todo, non fales
Quérote no intre de quererte,
Aínda que non te teña
Na dificultade do pracer sorriso.
Por iso son e non son
Nada máis que unha mazada,
Nos mares do arreguizo, dor
Por toda a túa fermosura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario