Entrada destacada

Libros de Juan Carlos Pazos desde 1€

  https://www.amazon.com/author/juancarlospazosrios “EL LABERINTO DE LOS AFECTOS” https://amzn.eu/d/9Hc7xoY “EL LIBRO VERDE (versión autoriz...

miércoles, 31 de octubre de 2012

No carcere da libertade

No carcere da libertade

Xa na rúa do tempo preso,
son as cadeas augurio
dun síntome indefinido,
dista enfermidade evasiva
coa que nomear o abstracto.

Días sen comezos,
noites aburridas
para o sangue doutro corpo
que en min ri o suceso
de sentirme tan estraño,

¿Por que entón a cama deixa o soño
e logo finxe unha dor sen rumbo?
Pesádela das dúas da maña,
agoiro das dúas da miña vida
que sempre volven para arriba.

Chamo a policía para que non escapes,
e métenme no calabozo preso
da rúa da desgracia
que agora lembro
no comezo.

Quedaches soa,
e logo mercas o nicho
do morto irredento,
este que che escribe
polo devezo frustrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario