Entrada destacada

Libros de Juan Carlos Pazos desde 0,99€

  https://www.amazon.com/author/juancarlospazosrios "PARANOIA" https://www.amazon.es/gp/product/B09RTN9R15/ref=dbs_a_def_rwt_hsch_...

sábado, 3 de noviembre de 2012

Poema en gallego: Versos incomprendidos


Volver o meu carón

Resulta un gaguexo convulso,

Unha morte ferida

No intre de non acadar

Outro posible amor.

 

Pero aínda así pido o imposible,

Remato en non entender

Todo este linguaxe fuxido

No abrente dunha ilusión

Que xa non entra nin sae.

 

De verdade que o sinto moito,

O non saber alporizarme

Para render acatamento

A todos os que aturan

Este cheiro a calado.

 

Son un covarde,

A anémona ergue unha caída,

Despois de tanto tempo

Xa non sei onde me atopo

Senón me sirvo distes versos.

 

Uns versos incomprendidos,

Uns ritmos que  foxen

Na loita por traerte aquí,

Pois saben que non son nada

Máis que outra desilusión.

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario